As follas en outono desvanecense

Benvidos ao meu blog onde falarei da historia do galego compaxinado con outros blogs que coñezo e tamen falarei da literatura galega actual e doutros momentos.
Colgarei enlaces con videos para velos poden ser música ou pode ser un reportaxe buen0 non desvelo mais esperobos

martes, 7 de febrero de 2012

A traxedia en Orzan


Un policía que interveu no Orzán relata que foron arrastrados dende a beira tras lograr agarrar o mozo eslovaco

O mar chegou a expulsar o mozo que permanece desaparecido ata a area, pero un golpe de onda no momento clave provocou a traxedia

  • Currently 0.00/5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
0.0/5 [0 Voto/s]
0
   Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MADRID. EP

Un dos policías que sobreviviu á traxedia do Orzán relata que foi unha grande onda a que lles golpeou e lles arrastrou dende a beira a el e aos seus compañeiros no momento no que aproveitaban que o mar devolvera ata a area ao mozo eslovaco. Malia que xa lograran agarralo formando unha cadea humana, o golpe e a resaca da marea introduciu mar dentro aos seis axentes que nese momento xogaban a vida sen que tres deles lograsen sobrevivir.
Así consta na declaración prestada por este axente de Policía no marco do atestado aberto tras o suceso e ao que tivo acceso Europa Press. Segundo di, o mozo eslovaco "foi lanzado cara a fóra quedando tendido na area a uns poucos metros dos actuantes (os axentes)".
"Mentres uns compañeiros collían a esa persoa, outros tiraban de aqueles para saír todos da zona onde batían as ondas na praia", engade o relato, segundo o cal, é nese momento no que reciben "un forte impacto dunha onda sobre todos eles", "sendo arrastrados pola resaca da onda para dentro do mar".
Esta violenta onda foi a detonante dunha noite tráxica na que se foron sucedendo varios feitos accidentais e é que o mozo eslovaco non era a persoa pola que foi avisada a Policía. Ás 5.02 horas da madrugada a Sala de Operacións do 091 da Xefatura Superior de Policía recibiu a chamada dunha muller que alertaba doutro cidadán na auga "con dificultades para saír".
Ata ese lugar son desprazados dous axentes de paisano que se atopan cun cidadán francés xa a salvo tras lograr saír da auga polos seus propios medios. Ao non entender o español, se mobilizan ata a zona outros dous axentes que dominan idiomas, os que reprenden esta persoa pola súa actitude temeraria ao internarse na auga malia a alerta laranxa decretada por Protección Civil.

Informacion de galicihoxe.com

E aqui estiven eu o domingo na praia de Orzan e estaba a proteccion civil a garca civil a policia local e tamen cruz vermella a ver se o encontraban e habia unhas ondas que eu flipei

No hay comentarios:

Publicar un comentario