Hoxe dia 27 fomos a feira das ciencias e fixeime que solo duas ou tres exposicions foron en galego as demais en castelan. Por que falan en castelan se todos sabemos galego? Isto chamase diglosia social!
É un blog para normalizar a lingua galega, para aprender máis sobre as nosas paisaxes e máis costumes galegas que a maioria non sabe
As follas en outono desvanecense
Benvidos ao meu blog onde falarei da historia do galego compaxinado con outros blogs que coñezo e tamen falarei da literatura galega actual e doutros momentos.
Colgarei enlaces con videos para velos poden ser música ou pode ser un reportaxe buen0 non desvelo mais esperobos
miércoles, 27 de febrero de 2013
lunes, 18 de febrero de 2013
Xa estamos as andadas de novo
Ola xa era hora de que volvese despois de tanto tempo inactivo pero veño coas pilas cargadas.
Bueno Mercedes dixo que ao mellor iamos ir a Vigo a editorial Galaxia e enton busquei un pouco máis de información na propia páxina web.
25 de xullo de 1950 celebrouse no bodegón do hotel Compostela, en
Santiago, a Asemblea fundacional da Editorial Galaxia. Baixo a
presidencia de Ramón Otero Pedrayo,
o Patriarca das Letras, e coa presenza de personalidades senlleiras do
galeguismo, como Manuel Gómez Román, secretario do Partido Galeguista,
configurábase daquela o núcleo principal da resistencia cultural e
política do galeguismo, obrigado á clandestinidade e ao exilio despois
da Guerra Civil (1936). Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto e Ramón Piñeiro
foron as tres personalidades que dende o primeiro momento orientaron a
editorial, comprometida coa recuperación da lingua e da cultura galega,
nos tempos difíciles da ditadura.
Entre os anos 1939 e 1950 apenas se publican libros en Galicia, moito
menos en idioma galego. A edición, igual que a resistencia política e
cultural, desenvólvese neste período principalmente en América (México,
Uruguai, Arxentina), arredor de figuras como Castelao, Manuel Puente,
Arturo Cuadrado ou Luís Seoane, auténticos motores da produción
editorial no exilio. En 1949 publícase en Pontevedra a colección de
poesía Benito Soto, promovida por Sabino Torres, Cuña Novás, Álvarez
Negreira e Celso Emilio Ferreiro. Polas mesmas datas saen os primeiros
títulos de Bibliófilos Gallegos, e mais a Editorial Monterrey, da man de
Luís Viñas Cortegoso e Xosé María Álvarez Blázquez, orientada
maiormente cara á edición de bibliofilia. O proxecto Galaxia
consolidarase, entre todas elas, coma o máis estable e o de máis
continuidade, referencia obrigada do rexurdimento da actividade
intelectual na Galicia interior.
Aqui vos deixo tamén unha ligazón para ir ao blog da Editorial Galaxia.
http://www.editorialgalaxia.com/weblog/
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)